Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28649

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO polo que se dá publicidade da Resolución do 6 de maio de 2019 referente á convocatoria para prover unha praza de arquitecto técnico.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 116, do 23 de maio de 2019, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de arquitecto técnico, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.concellodocorgo.com e no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

O Corgo, 23 de maio de 2019

José Antonio Ferreiro González
Alcalde