Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28581

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1135/2016-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 1135/2016 por instancia de Ramón Saiz González contra Comedores de Obra Móviles, S.L. e Fogasa, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou a Sentenza do 21 de maio de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Ramón Saiz González contra a empresa Comedores de Obra Móviles, S.L., e en consecuencia:

– Condénase a empresa Comedores de Obra Móviles, S.L. a aboarlle a Ramón Saiz González a cantidade de dous mil cincocentos setenta euros con setenta e dous céntimos de euro (2.570,72 euros) incrementados cos xuros legais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Comedores de Obra Móviles, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza