Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28582

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (883/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 883/2018 por instancia de Carlos Manuel Martínez Pita contra Goncar Servicios Integrales del Automóvil, S.L. y Otros sobre DSP, nos cales recaeu sentenza con data do 21 de maio de 2019 que copiado nos particulares necesarios di así:

Fallo

Estímase parcialmente a demanda formulada por Carlos Manuel Martínez Pita fronte á empresa Goncar Servicios Integrales del Automóvil, S.L., con intervención do seu administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Goncar Servicios Integrales del Automóvil, S.L., a Carlos Manuel Martínez Pita.

– Condénase a empresa Goncar Servicios Integrales del Automóvil, S.L., a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.821 euros, o aboamento da devandita indemnización determina a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 56´99 euros diarios, tales pronunciamentos vinculan o administrador concursal de Goncar Servicios Integrales del Automóvil, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Goncar Servicios Integrales del Automóvil, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza