Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de ampliación e modificación do aproveitamento das augas mineromedicinais e termais dos mananciais e pozos utilizados polo Balneario Termas de Cuntis.

Ao abeiro do artigo 20 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, Termas de Cuntis, S.L. solicitou a ampliación e modificación do aproveitamento das augas mineromedicinais e termais dos mananciais e pozos utilizados polo Balneario Termas de Cuntis debido á construción dun novo hotel balneario na rúa Bernardo Sagasta, en Cuntis.

Sométese o proxecto básico de construción do hotel balneario ao trámite de información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Conforme o artigo 20 do Decreto 402/1996, a ampliación e modificación dun aproveitamento ou das súas instalacións requirirá a autorización administrativa previa, e conforme o artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o proxecto estará á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Pontevedra, 4 de xuño de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra