Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación no concello de Ourense (expediente IN407A 2019/9-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Leroy Merlin España, S.L.U.; B-84818442.

Domicilio social: avda. de la Vega nº 2; 28108-Madrid.

Denominación: LMTS de acometida ao CS proxectado para alimentar o CT de Leroy Merlin Ourense.

Situación: Quintela Industrial-B21, concello de Ourense.

Características técnicas: as instalacións que describe o proxecto técnico, do 8.1.2019, redactado polo enxeñeiro técnico industrial Alberto David Bermúdez Rodríguez, colexiado nº 2751 do COITI de Jaén, con visado electrónico nº 12190198-00, con data 12.2.2019, do dito colexio profesional, son as seguintes:

– LMT subterránea a 20 kV, de 106 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ-XLPE 12/20 kV 3x(1x240)mm2 Al+H16, con orixe na LMT VLL812 de UFD en punto intermedio aos CC.TT. 32CAB5 e 32CDF0, con entrada e saída no CS proxectado.

– CS (centro de manobra e seccionamento) proxectado para alimentar o CT de Leroy Merlin Ourense, en edificio prefabricado CMS-21-Ormazábal, con celas illadas en SF6 3L + 2 TC GPRS e SSAA.

– Orzamento: 35.614,2 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas, se é o caso, polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

A empresa distribuidora deberá instar a posta en servizo daquelas instalacións que pasan a distribución, xuntando nese momento a correspondente documentación de fin de obra e o documento de cesión asinado entre as partes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 26 de marzo de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense