Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.
Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.
Expediente: RL 2019/0117-4.
Acta: I362019000008032.
Empresa: Dolores Sanromán López.
Enderezo: rúa Rans, 34, Nigrán.
Materia: obstrución.
Preceptos infrinxidos: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social; artigo 12 do Convenio 81 da OIT, do 11 de xullo de 1947, sobre inspección de traballo na industria e no comercio, e artigos 13 e 18 da Lei 23/2015, do 21 de xullo, ordenadora do Sistema de inspección de traballo e seguridade social.
Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Data de resolución: 27.5.2019.
Resolución: multa de 626 €.
Vigo, 3 de xuño de 2019
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra