De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo de procedencia do procedemento de reintegro no correspondente expediente de subvención.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e conforme a norma reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lémbraselles o seu dereito para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 31 de maio de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
TR349A 2013/218-1 |
Albealia Restauración Coruña 1, S.L. |
B70369830 |
Culleredo |
Subvención á contratación indefinida inicial |
15.5.2019 |
TR349A 2013/224-1 |
Francisco J. Carmona Villanueva |
***5960** |
A Coruña |
Subvención á contratación indefinida inicial |
15.5.2019 |
TR349A 2013/262-1 |
Servicios Agrarios Don Tirso, S.L. |
B94057676 |
Vedra |
Subvención á contratación indefinida inicial |
15.5.2019 |
TR349A 2013/270-1 |
Deulpo, S.C. |
J70379821 |
Santiago de Compostela |
Subvención á contratación indefinida inicial |
15.5.2019 |
TR349A 2013/315-1 |
Spartana Control Service, S.C. |
J70384409 |
Negreira |
Subvención á contratación indefinida inicial |
9.5.2019 |