Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28578

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (234/2018).

Cristina Iscar Cifuentes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 234/2018 seguido por instancia de Lidia Romero Solleiro fronte a José Carlos Figueroa Pérez ditouse sentenza o 21 de maio de 2019, cuxa resolución é a seguinte:

Que acordo estimar a demanda interposta pola representación procesual de Lidia Romero Solleiro contra José Carlos Figueroa Pérez e, así, declaro a disolución do matrimonio formado por ambos os dous, con todos os efectos legais inherentes a este pronunciamento.

Que acordo, en consecuencia:

A disolución do réxime económico matrimonial e da sociedade de gananciais formada polos anteriores,

A revogación dos poderes que reciprocamente se terían outorgado ambos os cónxuxes,

Que a patria potestade sobre o fillo menor será exercida pola nai, Lidia Romero Solleiro,

Que a garda e custodia sobre o mesmo menor será desempeñada pola nai, Lidia Romero Solleiro,

Que non se establece un réxime de visitas a favor do pai, José Carlos Figueroa Pérez,

Que o pai, José Carlos Figueroa Pérez, aboará mensualmente 150 euros en concepto de alimentos para o fillo, pensión que aquel deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que designe a nai. A devandita pensión actualizarase cada ano conforme o índice de prezos de consumo ou o que o substitúa legalmente.

Os gastos extraordinarios do fillo, definidos no fundamento xurídico quinto serán satisfeitos entre ambos os proxenitores por metade.

Non procede facer expresa imposición de custas.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación ante este xulgado para ante a superioridade dentro do prazo de vinte días. E encontrándose o devandito demandado, José Carlos Figueroa Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación.

Tui, 23 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza