Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 14 de xuño de 2019 Páx. 28576

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (314/2018).

Eu, María José Vázquez Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Sarria, dou fe de que no procedemento F02 (familia garda e custodia) núm. 314/2018, seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Sarria, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Sarria, 10 de abril de 2019.

Vistos por min, Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada xuíza de adscrición territorial do TSXG adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, os presentes autos civís de xuízo verbal de medidas paterno filiais nº 314/2018, iniciado por instancia de Jorge López Pérez, representado pola procuradora Reyes Abella García e asistido pola letrada Cristina Vázquez López, fronte a María del Pilar Luque Muñoz, con intervención do Ministerio Fiscal,

Parte dispositiva

A menor Sandra López Luque quedará baixo a garda e custodia de seu pai Jorge López Pérez, en compañía do cal vivirá, compartindo ambos os dous proxenitores a patria potestade. Fíxase un réxime flexible de comunicación, visitas e estancia a favor da proxenitora non custodia, atendendo especialmente á idade da menor. Na falta de acordo, establécese o seguinte réxime de visitas: durante os anos pares, Sandra estará en compañía da súa nai desde a saída do colexio ata as 14.00 horas do día 26 de decembro. Desde o 26 de decembro ás 14.00 horas ata o día inmediatamente anterior ao inicio das clases estará en compañía do seu pai. Durante os anos impares, Sandra estará en compañía da súa nai desde a saída do colexio ata o 30 de decembro. Ese día deberá ser devolta de novo ao proxenitor custodio. Sandra pasará coa súa nai as vacacións de Entroido e Semana Santa integramente. Canto ás vacacións de verán, distribuiranse en dous períodos: desde o día seguinte á fin das clases ata o 31 de xullo ás 14.00 horas e desde ese momento ata o día anterior á volta do colexio. O pai elixirá o período que desexa estar coa súa filla nos anos pares, a nai farao nos anos impares. Imponse a cargo da proxenitora non custodia unha pensión de alimentos por importe de douscentos euros (200 euros) que deberá ser aboado dentro dos cinco primeiros días de cada mes no número de conta corrente indicado polo demandante. A pensión de alimentos actualizarase anualmente de conformidade co IPC que publique o INE ou organismo que o substitúa. Igualmente, ambos os dous proxenitores aboarán por metades os gastos extraordinarios en que incorra a menor logo de xustificación do seu importe. Sen expreso pronunciamento das custas. Notifíqueselles a sentenza ás partes indicándolles que contra ela poden interpor recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da súa notificación, recurso do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Lugo. Así o acordo, mando e asino, Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada xuíza de adscrición territorial do TSXG adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de María del Pilar Luque Muñoz, expido o presente edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Sarria, 24 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza