Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 4 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Dumbría (expediente IN407A 2010/17-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV subestación Regoelle das LAT Vimianzo-Mazaricos e Mesón do Vento-Dumbría, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2010/17-1), por Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 13 de outubro de 2014, a favor da entidade beneficiaria Red Eléctrica de España, S.A.U., con enderezo no Paseo del Conde de los Gaitanes, 177, 28109 Alcobendas, Madrid.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 19 de xullo de 2019, para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Dumbría, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 8.7.2011 e do 31.7.2013, no BOP do 30.6.2011 e do 19.7.2013, e no xornal La Voz de Galicia do 22.7.2011 e do 1.8.2013, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 4 de xuño de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña