Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social RL2017/71.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia: seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O interesado dispón dun prazo de oito (8) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentarse debidamente acreditado, perante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días hábiles desde a data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.

O expediente relacionado está á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2017/71.

NIF/CIF: B27442201.

Enderezo: avenida de Viveiro, 2, 1º B, 27780 Foz (Lugo).

Lugo, 28 de maio de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo