Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador IN635C SANC-IND 2019/1-3.

De conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que considere pertinentes.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Área Xurídica e Coordinación da Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 28 de maio de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Acto notificado

Data da proposta

DNI

IN635C SANC-IND 2019/1-3

Proposta de resolución de expediente sancionador

17 de abril de 2019

34966299C