Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 13 de xuño de 2019 Páx. 28418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 31 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se dá publicidade á Resolución do 25 de marzo de 2019 pola que se acorda o establecemento dos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada que se definen nos proxectos de explotación de claves XG600 a XG743, e se aproban o expediente de información pública e os citados proxectos de explotación.

Con data do 25 de marzo de 2019, a Dirección Xeral de Mobilidade emitiu resolución pola que, ao abeiro dos artigos 73.1 e 75.1 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, resolveu:

1. Acordar o establecemento dos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada que se definen nos proxectos de explotación a que se fai referencia no anexo a este anuncio.

2. Aprobar o expediente de información pública dos proxectos de explotación aos que se fai referencia no anexo a este anuncio.

3. Aprobar os proxectos de explotación a que se fai referencia no anexo a este anuncio e, como parte deles, os seus correspondentes estudos económico-financeiros, que serven como estudos de viabilidade das concesións de servizos públicos a que se refiren.

A documentación completa de todos os proxectos de explotación a que se refire este anuncio estará á disposición de todas as persoas interesadas no seguinte enderezo web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/seccion-tema/c/CIV_Transporte_de_viaxeiros?content=Direccion_Xeral_Mobilidade/Transporte_publico_Galicia/seccion.html&std=Proxectos_explotacion_Marzo_2019.html

Contra esa resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada, conforme o artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, ante o mesmo órgano que ditou o acto que se impugna ou ante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

O que se fai público para o seu coñecemento xeral.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2019

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Relación de proxectos

– XG-600 Comarca do Carballiño.

– XG-601 Comarca da Baixa Limia.

– XG-602 Leste da Comarca de Allariz-Maceda.

– XG-603 Comarca de Terra de Celanova.

– XG-604 Comarca do Ribeiro.

– XG-605 Comarca de Ourense.

– XG-610 Comarca de Viana.

– XG-611 Comarca da Limia.

– XG-612 Comarca de Valdeorras.

– XG-613 Comarcas de Terra de Caldelas e Terra de Trives.

– XG-614 Comarca de Verín.

– XG-615 Oeste da Comarca de Allariz-Maceda.

– XG-618 Comarca da Mariña Occidental.

– XG-620 A Estrada-Pontecesures, con anexos.

– XG-621 Sur da comarca do Condado, leste da de Vigo e termo municipal de Tui.

– XG-622 Norte das comarcas da Paradanta e O Condado.

– XG-623 Lugo - Ourense-Vigo, con anexos.

– XG-624 Sur da comarca de Pontevedra, norte da de Vigo e termo municipal de Tui.

– XG-625 Comarca do Morrazo.

– XG-626 Sur da comarca do Salnés e termo municipal de Poio.

– XG-627 Norte da comarca do Salnés e termo municipal de Catoira.

– XG-628 Metropolitano de Pontevedra.

– XG-630 Norte e leste da comarca de Noia.

– XG-632 Comarca de Bergantiños.

– XG-633 Comarcas da Mariña Central e Oriental.

– XG-634 Comarca da Fonsagrada e leste da comarca de Lugo.

– XG-635 A Coruña-Lugo-A Mariña, con anexos.

– XG-636 Comarca de Terra Chá.

– XG-637 Comarca da Ulloa e sur da comarca de Lugo.

– XG-638 Comarca de Meira.

– XG-639 Termos municipais de Pontedeume, Cabanas, Vilarmaior, Irixoa e Monfero.

– XG-640 Noroeste das comarcas de Ferrol e Ortegal.

– XG-641 Nordés da comarca do Eume.

– XG-642 Metropolitano de Ferrol.

– XG-643 Comarca do Deza.

– XG-644 O Barco de Valdeorras-Monforte de Lemos-Ourense, con anexos.

– XG-645 Castro Caldelas-Monforte de Lemos, con anexos.

– XG-646 Termos municipais de Melide, Boimorto, Sobrado e Toques.

– XG-647 Comarca de Sarria.

– XG-648 Monforte de Lemos-Sarria-Lugo, con anexos.

– XG-649 Comarca de Chantada.

– XG-651 Norte da comarca de Ferrol e termo municipal de Cerdido.

– XG-654 Termos municipais de Valdoviño e Narón.

– XG-656 Sueste da comarca de Bergantiños.

– XG-658 Leste e sur do termo municipal da Estrada.

– XG-659 Norte do termo municipal da Estrada.

– XG-660 Santiso-Melide-Toques, con anexos.

– XG-661 Termo municipal de Santiso.

– XG-662 Sur dos termos municipais de Lalín e Silleda.

– XG-663 Termo municipal de Agolada e nordés do de Lalín.

– XG-664 Termos municipais de Dozón e Rodeiro e sueste do de Lalín.

– XG-665 Termo municipal de Forcarei.

– XG-666 Termos municipais da Cañiza e Arbo.

– XG-667 Termo municipal de Mondariz e oeste do do Covelo.

– XG-668 Termo municipal de Mondariz.

– XG-669 Termo municipal de Ponteareas.

– XG-670 Termos municipais de Mos, O Porriño e Tui.

– XG-671 Termos municipais de Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas.

– XG-672 Termos municipais de Moaña e Vilaboa.

– XG-673 Contorno metropolitano de Pontevedra.

– XG-676 Nordés da comarca da Terra Chá.

– XG-677 Comarca da Terra de Lemos.

– XG-680 Begonte-Rábade, con anexos.

– XG-681 Aranga-Guitiriz e Begonte-Outeiro de Rei, con anexos.

– XG-682 Norte da comarca da Mariña Central e oeste da comarca da Mariña Occidental.

– XG-684 Beariz-O Irixo-O Carballiño, con anexos.

– XG-685 Boborás-O Carballiño, con anexos.

– XG-686 Termos municipais de San Cristovo de Cea, Dozón e Piñor.

– XG-687 O Irixo-O Carballiño, con anexos.

– XG-688 Termos municipais do Pereiro de Aguiar, Coles e Barbadás.

– XG-689 A Peroxa-Coles-Ourense, con anexos.

– XG-690 San Cibrao das Viñas-Ourense, con anexos.

– XG-691 O Pereiro de Aguiar-Ourense, con anexos.

– XG-692 Nogueira de Ramuín-Ourense, con anexos.

– XG-695 Termos municipais de Meaño e Cambados.

– XG-696 Centro do termo municipal de Lalín.

– XG-698 Leste da comarca de Pontevedra y norte da comarca de Vigo.

– XG-699 Norte do termo municipal de Lalín.

– XG-701 Muíños-Bande, con anexos.

– XG-702 Maceda-Baños de Molgas, con anexos.

– XG-703 Celanova-Cartelle, con anexos.

– XG-704 A Merca-A Bola-Celanova, con anexos.

– XG-705 Leiro-Cenlle-Ribadavia, con anexos.

– XG-706 Avión-Carballeda de Avia, con anexos.

– XG-707 Toén-Barbadás-Ourense, con anexos.

– XG-708 Termo municipal do Barco de Valdeorras.

– XG-709 Oeste das comarcas de Betanzos e O Eume.

– XG-714 Oeste da comarca de Ferrol.

– XG-717 Termos municipais de Quiroga e Ribas de Sil.

– XG-719 Barreiros-Ribadeo, con anexos.

– XG-720 Castro de Rei-Outeiro de Rei, con anexos.

– XG-721 Portomarín-Guntín, con anexos.

– XG-723 Termo municipal da Pastoriza.

– XG-724 O Incio-Sarria, con anexos.

– XG-727 Sarria-Láncara, con anexos.

– XG-728 Termo municipal de Chantada.

– XG-729 Vilalba-Xermade, con anexos.

– XG-730 Termo municipal de Cervantes.

– XG-732 Lugo-O Corgo, con anexos.

– XG-743 Termos municipais de Pantón e Sober.