Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de emprazamento a PO 0004096/2019 contra o Acordo do 2 de maio de 2019 de aprobación provisional do documento de revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación municipal de Ourense de 1986 (expediente planeamento 2010002650).

Ponse en coñecemento xeral que o concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Vivenda e Patrimonio en funcións, como órgano competente, en virtude da delegación efectuada pola Alcaldía mediante o Decreto 2019001688, do 4 de marzo de 2019, resolveu mediante o Decreto 2019004244, do 3 de xuño de 2019, o seguinte:

Primeiro. Dispoñer a remisión en formato dixital do expediente administrativo 2010002650, que deu lugar ao acto administrativo presunto obxecto do recurso, completo, foliado e autentificado, co cal se achegará un índice autentificado dos documentos que conteña ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do Contencioso-Administrativo, Sección 2 da Coruña.

Segundo. Emprazar todos os interesados no expediente administrativo de referencia para que poidan comparecer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do Contencioso-Administrativo, Sección 2 da Coruña, no prazo de nove días, no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4096/2019.

Terceiro. Notificarlles esta resolución, dentro dos cinco días seguintes ao da súa adopción, a cantos aparezan como interesados no expediente, indicando que o prazo de nove días empeza a contar desde o seguinte ao da recepción da notificación.

Cuarto. Anunciar a existencia do recurso e a posibilidade de comparecer nel de xeito xeral a calquera persoa que o considere oportuno, mediante anuncio que se publicará de xeito urxente no DOG.

Quinto. Darlle traslado desta resolución, xunto co requirimento efectuado polo xulgado e o expediente administrativo, á avogacía do concello, para os efectos de que poida exercer a representación e defensa letrada do concello no dito procedemento xudicial. A avogacía do concello daralle conta á Xunta de Goberno local do recurso interposto, así como desta resolución para o seu coñecemento.

Sexto. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso de reposición potestativo, ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso ou acción que se considere procedente.

Polo que, dando cumprimento aos puntos terceiro e cuarto do decreto, e en virtude do que dispón o artigo 49 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, se emprazan cantos poidan ser interesados para que no prazo de nove días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, comparezan en autos, se iso fose do seu interese, mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto, no recurso contencioso-administrativo –procedemento ordinario 4096/2019– interposto pola procuradora Marta María Rey Fernández, en nome e representación de Gonzalo Pérez Jácome, Armando Ojea Bouzo e Manuel Álvarez Fernández, contra a resolución desta administración, ditada no expediente 2010002650, sobre o Acordo do 2 de maio de 2019, de aprobación provisional do documento de revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación municipal de Ourense de 1986, que se segue perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2 da Coruña.

Ourense, 3 de xuño de 2019

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente en funcións