Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

Departamento de Urbanismo

O Concello Pleno, na sesión do 23 de maio de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM número 9: reclasificar o solo SUD-17 Monte do Sino en solo urbano (documento número 06687 do 30 de abril de 2019) que inclúe tamén o texto do convenio urbanístico.

De conformidade cos artigos 60.6, 7 e 8 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, durante o prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 31 de maio de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente en funcións