Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 22 de maio de 2019 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R001-123-2019.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Protección ao Consumidor.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres hábiles.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2019

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Expediente: 15R001-123-2019.

Persoa interesada: 35461004H.

Acto notificado: acordo de iniciación.