Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28240

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación provisional do documento da revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación municipal de 1986 de Ourense (expediente Planeamento 2010002650).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 2 de maio de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte

ACORDO:

10. Aprobación provisional do documento da revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación urbana de 1986 segundo a versión refundida de novembro de 2017, coas correccións introducidas con datas 19.12.2017 e 24.5.2018 (expte. planeamento 2010002650).

A Xunta de Goberno local, de conformidade coa proposta e advertindo e corrixindo neste acto un erro no parágrafo 4) do acordo, de forma que, onde dicía: «(... 6.5.2018 ...)», debería dicir: «(... 6.6.2018 ...)»; por unanimidade dos asistentes (10 votos a favor), acordou:

1. Asumir a proposta de resolución de alegacións presentadas polas personas físicas e xurídicas e demais suxeitos lexitimados formulada no informe do equipo redactor da revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación urbana de 1986 e presentada con data do 23 de marzo de 2018 no rexistro xeral municipal.

2. Aprobar provisionalmente o documento de aprobación provisional (DAP) da revisión e adaptación do Plan xeral de ordenación urbana de 1986, segundo a versión refundida con de data novembro de 2017, coas correccións posteriores inseridas o 19 de decembro de 2017 e o 24 de maio de 2018.

3. Remitir o documento completo debidamente dilixenciado á Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para a emisión do informe previo á aprobación definitiva por parte do Concello de Ourense.

Todo isto de acordo cos informes emitidos no expediente con data 29.6.2018 polo Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, co informe do titular da Asesoría Xurídica do 16.4.2019 e co informe do Consello Consultivo do 6.6.2018, que constan todos eles no expediente.

Réxime de recursos:

De conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, por tratarse dun acto de trámite que non decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continuar o procedemento, nin produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, non cabe interpor ningún recurso administrativo, sen prexuízo de que os interesados formulen os que procedan contra o acordo que poña fin ao presente procedemento.

Ourense, 5 de xuño de 2019

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente en funcións