Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 16 de maio de 2019, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-00703-O-2019 e dous máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador LU-00703-O-2019 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 16 de maio de 2019

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00703-O-2019

LU-0941-W

33543800W

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

1.4.2019; 18.45; LU-541; 543,8

Art. 140.23 LOTT

Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

LU-00704-O-2019

LU-0941-W

33543800W

A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

1.4.2019; 16.25; LU-541; 0,0

Art. 140.12 LOTT

Art. 197.13 ROTT

Art. 143.1 LOTT

Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

LU-00710-O-2019

6820-DYK

44491536Z

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

8.4.2019; 9.14; LU-901; 16,0

Art. 140.1 LOTT Art. 197.1 ROTT

Art. 201.i) ROTT

Art. 143.1 LOTT

4.001 euros