Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 24 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4004/2019.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4004/2019, interposto polo Concello de Cambre, contra a Resolución do 23 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, desestimando o recurso de reposición número RR/O/2009/00063, interposto polo Concello de Cambre, contra a Resolución do 27 de marzo de 2009 pola que se fai pública a aprobación do proxecto do trazado e o estudo do impacto ambiental da obra: Vía Ártabra, treito AC-221 (polígono de Cambre)-Autoestrada AP-9-Autovía A-6. Clave AC/04/156.00.2.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para poderen comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade