Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 12 de xuño de 2019 Páx. 28210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 28 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica o trámite de audiencia ao recurso de alzada RA/AG/CIM/2019/00055 interposto contra a resolución ditada no expediente DH.D15.59715.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles a Emilio Gómez Fontela, Carmen Fontela Neiro e herdeiros de José Fontel Neiro o trámite de audiencia ao recurso de alzada RA/AG/CIM/2019/00055 interposto contra a resolución ditada no expediente DH.D15.59715.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no Complexo Administrativo San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro do mencionado acto administrativo e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería
de Infraestruturas e Mobilidade