Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28032

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 537/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 537/2018 deste xulgado do social, seguido contra as empresas Invertaresa, S.L., Isowat, S.L. e Made Steel, S.L., sobre despedimento, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza:

A Coruña, 25 de abril de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 537/2018 en que son parte, como demandante Cristina González Liñares, que comparece asistida polo letrado José Miguel Orantes Canales, e como demandadas Isowat Made, S.L. e a administración concursal de Isowat Made, S.L., representadas pola graduado social Paula Villamisar Varela, Invertaresa, S.L., que non comparece, Isowat, S.L., que non comparece, Made Stell, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, sobre resolución de contrato e cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

«Decido:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Cristina González Liñares, con citación do Fogasa, contra a empresa Isowat Made, S.L., en situación de concurso, debo declarar e declaro a extinción da relación laboral entre as partes na data da presente resolución, e condeno a empresa Isowat Made, S.L. a aboar á demandante unha indemnización de 23.273,33 €, máis 1.439,66 por falta de aboamento salarial máis, respecto desta cantidade, o xuro do 10 % por demora.

Absólvense Isowat S.L., Made Steel S.L. e Invertaresa, S.L. dos pedimentos da demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar comprobante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Invertaresa, S.L., Isowat, S.L. e Made Steel, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza