Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 11 de xuño de 2019 Páx. 28030

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (530/2018).

Eu, Mª Manuela García Jalón de la Lama, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de xuízo verbal núm. 530/2018 se ditou sentenza núm. 15 cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal:

Sentenza:

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2019.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal núm. 530/2018, seguidos por instancia de ABM Rexel, S.L., representado pola procuradora Sra. Alfonsín Somoza, baixo a asistencia letrada de Sr. García Álvarez, contra Electricidad Spule, S.L., en situación de rebeldía procesual.

(…)

Decido:

Estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Alfonsín Somoza no nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase o demandado Electricidad Spule, S.L., a pagar á demandante a cantidade de catro mil trescentos trinta e cinco euros e oitenta e sete céntimos (4.335,87 €) máis os xuros de demora previstos na Lei 3/2004, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado á presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación a Electricidad Spule, S.L., e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza