Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27857

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 575/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 575/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Carro Regueiro contra Ventanas Energéticas, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Decisión

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luis Carro Regueiro contra a entidade Ventanas Energéticas, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Ventanas Energéticas, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 856,4 € brutos en concepto de diferenzas salariais entre xaneiro e decembro de 2017, con inclusión de pagas extras, 9.275,24 € brutos por salarios devindicados entre xaneiro e maio de 2018, incluíndo a parte proporcional de paga extra, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, e a falta de aviso previo, incrementadas ambas as dúas cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado, co límite de 600 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ventanas Energéticas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza