Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27859

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (566/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 566/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina Barbosa Álvarez contra Transferencity Autos, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Decisión

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carolina Barbosa Álvarez contra a entidade Transferencity Autos, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Transferencity Autos, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.810,16 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados entre o 28 de marzo e o 6 de xuño de 2018, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas ambas as dúas cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Transferencity Autos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza