Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27860

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1211/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1211/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Dorado Lobagueira contra Cotemac, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento nº 1211/2017.

Demandante: José Manuel Dorado Lobagueira.

Letrado: Sr. Pedreira Candal.

Demandada: Cotemac, S.L.

Letrado: Fogasa

«Sentenza nº 176/2019

A Coruña, 10 de abril de 2019

Resolución:

Primeiro. Acepto a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Dorado Lobagueira fronte á empresa Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

Segundo. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 55.583,11 euros.

Terceiro. Condeno a empresa demandada a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 49,24 €/día, o que dá a cantidade de 26.097,20 euros.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando proceda.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza