Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27874

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1096/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1096/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Vázquez Pulleiro contra Ediciones Lenda, S.L., administrador concursal de Ediciones Lenda, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Reforzo

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 1096/2017

Demandante: José Manuel Vázquez Pulleiro

Letrado: Sr. Laso González

Demandada: Ediciones Lenda, S.L., en Liquidación, e administración concursal desta.

Letrada: Sra. Vázquez Carballido

Fogasa

Sentenza número 247/19

A Coruña, 2 de maio de 2019.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Vázquez Pulleiro fronte á empresa Ediciones Lenda, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena das empresas indicadas ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que teñen que aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 27.298,25 euros.

3º. Estimo a pretensión sobre reclamación de cantidade formulada por José Manuel Vázquez Pulleiro fronte á empresa Ediciones Lenda, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro en concepto de liquidación a suma de 1.148,36 euros.

4º. O Fogasa e a administración concursal da condenada deberán pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza