Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27876

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 50/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos López García contra Neumáticos Radial, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

En Santiago de Compostela o 15 de maio de 2019

Parte dispositiva

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Juan Carlos López García con Neumáticos Radial, S.L. e condeno a executada a aboarlle a Juan Carlos López García a cantidade de 18.256,05 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 13.521,4 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, resultando un total de 31.768,45 euros.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Neumáticos Radial, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza