Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27872

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1003/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1003/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Cives Mourelle contra Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade nº 1003/2016.

Demandante: Javier Cives Mourelle

Letrado: Sr. Pousa Meréns

Demandado: Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L.

Letrado:

Fogasa

Sentenza nº 229/2019

A Coruña, 8 de maio de 2019

Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Javier Cives Mourelle contra a empresa Construcións Ramón Domínguez e Hijos, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 4.330,92 euros polos conceptos debidos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino»

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S. L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza