Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 978/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento PO 978/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Fernando Rojo Camafreita contra Serlotrans 2000, S.L.U., Grupo Logístico Sesé, coa intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade nº 978/2016

Demandante: José Fernando Rojo Camafreita

Letrado: Sr. González Pardo

Demandada: Serlotrans 2000, S.L.U.

Letrado:

- Grupo Logístico Sesé, S.L.

Letrada: Sra. García Gil

Fogasa

Letrado:

Sentenza nº 197/2019

A Coruña, 9 de abril de 2019

Decido:

1. Estimar a demanda formulada por José Fernando Rojo Camafreita contra Serlotrans 2000, S.L.U. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 3.360,17 euros brutos en concepto de débeda salarial polos conceptos expostos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2. Desestimo a demanda formulada por José Fernando Rojo Camafreita contra o Grupo Logístico Sesé, S.L. e, en consecuencia, absolvo esta empresa de todo pedimento dirixido contra ela.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela cabe recurso de suplicación que deberá de ser anunciado no prazo de 5 días contado desde a notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Serlotrans 2000, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza