Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27868

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (DSP 1029/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1029/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Fariñas Saavedra contra Ediciones Lenda, S.L., Fogasa, administración concursal de Ediciones Lenda, S.L. (Carlos Manuel Costas Manzanares), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Auto

A Coruña, 8 de maio de 2019

Parte dispositiva

Procede o complemento de sentenza instado no sentido exposto na fundamentación xurídica desta resolución:

1. Na fundamentación xurídica debe engadirse un novo fundamento co numeral III que dirá o seguinte:

“Solicita o demandante o aboamento da liquidación da relación laboral que a propia empresa elaborou, por contía de 1.148,36 euros; sendo obriga da empregadora o seu aboamento –artigo. 4.2 do ET– e non acreditando o pagamento de tal cantidade debida resulta que a reclamación debe ser estimada e en consecuencia a empresa debe ser condenada a pagar ao demandante a cantidade que se reclama por este concepto”.

2. Na resolución, debe completarse este introducindo un novo número 3º (o inicialmente numerado como 3º pasará a ser o 4º nos mesmos termos) nos termos que agora se expoñen:

“3º. Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador a suma de 1.148,36 euros en concepto de liquidación por débedas salariais.”

Contra esta resolución non cabe recurso ningún».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza