Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 23 de abril de 2019, procédese a efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 19673, no segundo parágrafo da instrución sétima, onde di: «Corresponde ás UICSL valorar a posible acumulación dos procesos de IT, notificando a resolución á entidade xestora correspondente (INSS ou MCSS) nun prazo non superior a 10 días hábiles, sempre que sexa posible», debe dicir: «Corresponde ás UICSL valorar a posible acumulación dos procesos de IT, notificando a resolución á entidade xestora correspondente (INSS/ISM ou MCSS) nun prazo non superior a 10 días hábiles, sempre que sexa posible».
Na páxina 19680, no seu primeiro parágrafo, onde di: «Contra a resolución de alta do INSS tras alcanzar o proceso os 365 días (desconformidade coa alta do INSS): 4 días hábiles.», debe dicir: «Contra a resolución de alta do INSS tras alcanzar o proceso os 365 días (desconformidade coa alta do INSS): 4 días naturais.».