Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27817

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración, subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2019

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2019

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para a atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do Complexo Montealegre (Ourense).

A atención residencial e a intervención educativa integral e terapéutica con menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores nos centros para o cumprimento de medidas xudiciais privativas de liberdade do Complexo Montealegre (Ourense).

Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas madres internadas, de acordo co previsto na alínea n) do artigo 56 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

1.4.2019

9.371.801,24 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual durante o ano 2019.

Exercer o cargo de titor, curador ou outras figuras de garda das persoas con discapacidade intelectual encomendadas á Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora segundo o dereito vixente.

Informar e asesorar as familias das persoas con discapacidade intelectual, titores, curadores, persoas relacionadas coa garda de persoas e bens das ditas persoas con discapacidade intelectual.

26.3.2019

57.750,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Asociación Síndrome de Down de Lugo para a execución dun proxecto de realización de actividades de aprendizaxe e integración.

Actividades de aprendizaxe e integración social e laboral de dúas persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual, seleccionadas por Down de Lugo, mediante prácticas formativas na Consellería de Política Social, en todo caso en dependencias situadas na cidade de Lugo.

29.3.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol para a execución dun proxecto de realización de actividades de aprendizaxe e integración.

Prácticas formativas na Consellería de Política Social, en todo caso en dependencias situadas na cidade de Ferrol, que pretenden dotar os participantes das competencias (coñecementos, habilidades e actitudes) e aptitudes necesarias para facilitar e mellorar a súa futura integración na sociedade e no mercado laboral, aprendendo e poñendo en práctica técnicas e ferramentas útiles para o desempeño profesional eficaz.

29.3.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Fundación Down Compostela para a execución dun proxecto de realización de actividades de aprendizaxe e integración.

Realización de actividades de aprendizaxe e integración social e laboral ao longo de 2019 de dúas persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual, seleccionadas pola Fundación Down Compostela, mediante prácticas formativas nas dependencias da Consellería de Política Social en Santiago de Compostela.

29.3.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación Aspace Galicia) para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral e do mantemento da entidade.

Mantemento da federación Aspace Galicia e das súas entidades asociadas, así como a prestación de servizos de información e asesoramento, de comunicación e sensibilización, de emprego e formación e de fortalecemento do movemento asociativo.

5.4.2019

89.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia) para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e das súas familias en Galicia, e para o mantemento da federación e das entidades federadas.

Mantemento da federación e das entidades federadas e das seguintes actuacións:

– A representación institucional para a súa participación e visualización na sociedade.

– O desenvolvemento de publicacións divulgativas e formativas.

– A realización de eventos para a sensibilización, o coñecemento e o fomento da cohesión social.

– O programa de inclusión social destinado ás persoas con trastornos do espectro autista.

– O programa de atención sociofamiliar.

– O programa de ocio, tempo libre e campamentos.

5.4.2019

162.796,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades.

Mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas e as seguintes actividades:

– Servizo de información, asesoramento e orientación (SIAO) ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

– Servizo de intervención social das persoas con discapacidade e das súas familias.

– Programa de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia.

– Formación e intermediación laboral das persoas con discapacidade.

– Sensibilización e concienciación.

– Voluntariado.

– Actividades de lecer.

– Respiro familiar.

– Servizo de información e asesoramento en accesibilidade.

– Servizo de apoio ao movemento asociativo.

5.4.2019

993.312,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia) para o financiamento de programas destinados ás persoas con discapacidade intelectual, coa síndrome de Down, en situación de dependencia, e ás súas familias, e do mantemento da federación.

Mantemento de Down Galicia e as seguintes actividades:

– Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) organizado nas seguintes áreas de atención:

– Área de atención temperá.

– Área de inclusión educativa.

– Área de formación e emprego.

– Área de vida adulta e independente.

– Área transversal.

5.4.2019

469.180,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias, e do mantemento de Fademga Plena Inclusión Galicia.

Mantemento de Fademga Plena Inclusión Galicia e as seguintes actividades:

– Programa de atención a asociacións: apoio, fortalecemento e promoción do movemento asociativo.

– Programa de Apoio Familiar.

– Atención ás persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento. Área social.

5.4.2019

246.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Fagal) para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación.

Financiamento para actividades xerais:

– Mantemento de instalacións e xestión da infraestrutura de Fagal.

– Mantemento dos gastos derivados das actividades de xestión de Fagal: gastos de desprazamentos para reunións de coordinación de programas; gastos de reunión da xunta directiva e coa Xunta de Galicia.

– Gasto de seguros da Fagal.

Financiamento para a coordinación coas asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer de Fagal:

– Coordinación dos diferentes programas das asociacións.

– Elaboración de programas comúns ás asociacións.

5.4.2019

89.250,00 €

– Coordinación e derivación de usuarios entre Fagal e asociacións.

– Elaboración de material de información e difusión.

– Elaboración de guías específicas por sectores profesionais das AFA.

Financiamento para o desenvolvemento do Plan de comunicación 2019:

– Aumentar impacto en TIC.

– Campaña de sensibilización polo Día Mundial do Alzhéimer.

– Deseño de material de divulgación.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para o financiamento do programa de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da federación.

Mantemento de FAXPG e as seguintes actividades:

– Servizo de Atención a Persoas Xordas, Xordocegas e con Discapacidade Auditiva (SAPS).

– Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos Española e Guías-Intérpretes (SILSE-GI).

– Servizo Integral para Persoas Xordas, Xordocegas e persoas con discapacidade auditiva (SIPX).

Mantemento da estrutura asociativa da FAXPG e servizos de apoio.

5.4.2019

759.826,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) para o financiamento dos seus programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da entidade.

– Información, orientación e atención socio-familiar.

– Asesoramento e apoio xurídico especializado sobre os aspectos legais relacionados coas enfermidades mentais e os seus familiares.

– Atención a domicilio, transporte no medio rural e fomento da autonomía das persoas con discapacidade por mor dunha enfermidade mental.

– Mantemento, coordinación do movemento asociativo, representación e interlocución institucional e servizo de comunicación externa da federación.

– Formación para e de profesionais, coidadores non profesionais, familiares, profesionais do ámbito social, estudantes e persoas interesadas no ámbito da saúde mental.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

5.4.2019

617.856,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) para o financiamento dos programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inclusión social de persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas.

Mantemento de Fegadace e das súas entidades federadas e os seguintes programas:

– Programa de promoción da autonomía persoal e de recuperación funcional das persoas afectadas de dano cerebral adquirido en situación de dependencia e das súas familias a través de atención ambulatoria nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo, que implica o desenvolvemento de actividades nas áreas terapéutica, ocupacional e social.

– Programa de información e asesoramento a familias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, dando especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias.

5.4.2019

222.087,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) para contribuír ao financiamento dun servizo social comunitario específico de atención temperá a nenos e nenas de 0 a 6 anos con transtornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, e ás súas familias para o exercicio 2019.

– Asistencia ás familias desde a súa contorna.

– Promoción temperá da autonomía persoal e prevención das situacións de dependencia.

– Creación de espazos de intercambio de información e autoaxuda na superación de dificultades.

– Orientación, asesoramento e apoio evolutivo, psicolóxico ou psicopedagóxico.

– Programación e realización de actividades compensadoras na contorna familiar.

– Apoio e asistencia técnica aos centros educativos e sociais da comunidade.

– Coordinación con outros recursos sociais da contorna.

16.4.2019

315.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym) para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia e o mantemento da entidade.

– Servizo de información, orientación e asesoramento.

– Servizo de transporte adaptado non cuberto por outros servizos.

– Servizo de apoio psicosocial ao novo lesionado medular.

– Servizo de rehabilitación integral.

– Charlas de prevención da discapacidade e simulacións de rol en centros educativos.

16.4.2019

45.142,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e do mantemento da federación.

Mantemento da Fegerec e as seguintes actividades:

– Ofrecer unha atención social integral ao colectivo de persoas que representa.

– Informar dos servizos da federación, así como fomentar a relación de axuda.

– Promover e potenciar as axudas e apoios para a promoción da autonomía persoal destes colectivos de enfermos crónicos.

– Informar, asesorar e/ou tramitar documentación ás persoas afectadas e ás súas familias sobre recursos, dereitos e outros beneficios de carácter socioeconómico, laboral e sanitario, ao que lle dá acceso a súa situación de enfermidade.

16.4.2019

23.310,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual (Special Olympics Galicia) para o mantemento e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, ocio, formativas e de promoción do voluntariado durante o ano 2019.

– Mantemento da entidade.

– Actividades deportivas.

– Programas de ocio e familias.

– Actividades de formación e culturais.

– Actividades orientadas á familia.

16.4.2019

199.443,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos (Asodifisi) para o financiamento do servizo de respiro familiar e melloras das habilidades de autonomía persoal para as persoas con diversidade funcional e as súas familias e mantemento da entidade no ano 2019.

– Reforzo pedagóxico básico

– Obradoiros: manualidades, debuxo, pintura, música...

– Adaptación dos materiais didácticos ás necesidades das persoas usuarias.

– Información ás familias.

– Promoción da vida asociativa, desenvolvemento comunitario, educación multicultural e convivencia.

– Prevención de problemas de exclusión social.

23.4.2019

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do programa Correspondentes Universitarios.

Establecer a forma e condicións de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela de cara á posta en marcha do programa Correspondentes Universitarios entre o seu alumnado.

24.4.2019

Sen custo