Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 24 de maio de 2019 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Luis Triñanes, varada no porto de Escarabote.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Luis Antonio Triñanes Trilanes, con DNI ***8783**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 13 de maio de 2019 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación Luis Triñanes, con folio 4ª-VILL-3-191-91, varada no porto de Escarabote, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación depositada sen actividade nin mantemento ningún na rampla de varada do porto de Escarabote e sen aboar taxas, desde que foi reflotada polo persoal de Portos de Galicia tras o seu afundimento en novembro de 2018, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236 do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento, é o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, cuxo réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao propietario do buque un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o buque sexan á conta do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia