Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 23 de maio de 2019, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que xulguen pertinentes. Poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 23 de maio de 2019

O/a xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
P.S. (Resolución do 29.3.2019)
María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Establecemento

Signatura

Titular

Domicilio

Concello

Adelino

V-PO-000003

Adelina Carrera Guillade

Avenida Sanjurjo Badía, 54

Vigo

Bierzo

V-PO-000051

Camilo Carrera Prado

Avenida Sanjurjo Badía, 177

Vigo

Centro Cultural

V-PO-006022

Agustín Coello González

Rosalía de Castro, 14

A Guarda

Centro Cultural

V-PO-006915

David Martínez Suárez

Rosalía de Castro, 14

A Guarda

La Lola

V-PO-007610

La Lola, C.B.

Estrada Pedornes, 59

Oia

O Emigrante

V-PO-001541

José González Barja

Avenida Sanjurjo Badía, 125

Vigo

Maceiras

V-PO-000677

Antonio Salgado Vences

Avenida Sanjurjo Badía, 33

Vigo

O Pañol

V-PO-006119

Olga Begoña Taboada Silva

Porto do Río, s/n, Pedornes

Oia

O Refugio

V-PO-000711

Jesús Blanco Barreiro

Avenida Sanjurjo Badía, 174

Vigo

Victoria

V-PO-000587

Antonio Solla Gómez

Avenida Sanjurjo Badía, 33

Vigo