Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de maio de 2019 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/225/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/225/2016-RP1, a Óscar Marcelo Mayo Gandario e Jennifer Gisselle Arriola Suárez Uruguay, en relación coas obras consistentes en construír unha edificación para uso residencial no lugar do Cruceiro-Vilasobroso, no termo municipal de Mondariz, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística