Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de maio de 2019 polo que se somete a exposición pública a proposta de deslindamento do dominio público hidráulico no lago da mina de Meirama e documentación relacionada con esta.

En virtude do exposto no artigo 242.4 do Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH), sométese a exposición pública a proposta de deslindamento que se refire a continuación e demais documentación procedente relativa ao deslindamento, relacionada no artigo 242.3 do mesmo texto.

O treito que este organismo de bacía está a deslindar é o correspondente ao lago resultante da enchedura do oco da mina de Meirama; o aliviadoiro existente, de saída das augas deste cara ao río Barcés, sitúase no punto definido polas coordenadas UTM aproximadas X= 547.858; Y= 4.781.793 (ETRS89).

A lonxitude do treito que se deslinda é de 6.249,63 m.

As parcelas catastrais e bens afectados polo dominio público hidráulico resultante do estudo, así como polas súas zonas de protección (servidume e policía), son:

Parcela afectada polo dominio público hidráulico, zonas de servidume e policía de leitos:

Referencia catastral

Titular

15024A016000010000HB

Lignitos de Meirama, S.A.

Parcelas afectadas pola zona de policía de leitos:

Referencia catastral

Titular

15024A015005870000HI

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015007280000HG

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015002670000HI

Manuel Antonio Fuentes Eirís

15024A015004780000HL

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A015004850000HO

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022003160000HQ

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022004660000HZ

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022004700000HU

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022004670000HU

Herdeiros de Antonio Moar Gómez

15024A022002390000HS

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002290000HK

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002330000HR

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002350000HX

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002440000HU

Herdeiros de Jesús Barbeito Moscoso

15024A022004550000HK

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022003620000HR

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022004450000HQ

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022002920000HT

Lignitos de Meirama, S.A.

15024A022090070000HE

Concello de Cerceda

15024A015090150000HA

Concello de Cerceda

Por medio deste anuncio ábrese o prazo dun (1) mes para examinar a documentación indicada en relación co deslindamento e, de ser o caso, formular alegacións e achegar ou propor probas durante o prazo indicado nas oficinas deste servizo territorial, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, A Coruña, onde se encontra esta documentación para que poida ser examinada por quen o desexe.

A Coruña, 20 de maio de 2019

Néstor Rodríguez Arias
Xefe da Zona Norte de Augas de Galicia