Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 10 de xuño de 2019 Páx. 27896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de maio 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0910/2018-PRE e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0910/2018-PRE e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) desta lei.

Vigo, 27 de maio de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0910/2018-PRE

76982523M

Resolución

Avenida Carvajal, 2, Baiona

PSC-PO-1025/2018-PPM

71444989C

Resolución

Avenida da Barca, 8, Poio

PSC-PO-1057/2018-PPM

76903843P

Resolución

Almirante Fontán, 7, Baiona

PSC-PO-1062/2018-PPM

36033542V

Resolución

A Coruña, 10, A Guarda

PSC-PO-1068/2018-PPM

36033637C

Resolución

Tomás A. Alonso, 48, Vigo

PSC-PO-1075/2018-PPM

76925925X

Resolución

Alemania, 55, Pontevedra

PSC-PO-0045/2019-PPM

54535598E

Resolución

Saliente, 6, Pozuelo de Alarcón, Madrid

PSC-PO-0046/2019-PPM

X0592747Z

Resolución

Saliente, 6, Pozuelo de Alarcón, Madrid

PSC-PO-0106/2019-PPM

36103800X

Resolución

Avenida de Ourense, 75, Cangas