Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27640

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (1100/2016).

Eu, Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza, mediante este anuncio que no procedemento de xuízo ordinario 1100/2016 deste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«En Lugo o 28 de decembro de 2018.

Vistos por min, Alberto Benéitez Antón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos de Lugo, os autos número 1100/2016, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, promovidos por Cafés Candelas, S.L., representada polo procurador Sr. Lagüela Andrade e asistida pola letrada Sra. López Peña, contra Kolmar 2016, S.L. e Gurutze de Asteinza de Albizua, declarados en rebeldía procesual, en virtude das funcións conferidas pola Constitución e en nome do rei, dito a presente

Decido que debendo estimar e estimando parcialmente a demanda promovida por Cafés Candelas, S.L. contra Kolmar 2016, S.L. e Gurutze de Asteinza de Albizua:

1º) Declaro resolto, por vontade da demandante fundada en incumprimento de Kolmar 2016, o contrato de subministración concertado por esas dúas partes en documento privado do 13.4.2016, achegado como documento número 1 da demanda, sen efecto retroactivo sobre os actos de subministración xa consumados.

2º) Condeno os demandados a pagar solidariamente á demandante a cantidade de doce mil trinta e nove euros con oitenta e catro céntimos (12.039,84 €) nos conceptos e conforme a desagregación establecidos no fundamento xurídico quinto, epígrafe A), desta sentenza.

3º) Condeno tamén as demandadas a pagar á demandante con igual carácter solidario a cantidade de setecentos dezaoito euros con corenta e dous céntimos (718,42 €) en concepto de xuros moratorios vencidos ata a data desta sentenza sen prexuízo dos que devindique a partir deste momento conforme a lei a cantidade establecida no numeral 2º.

4º) Absolvo os demandados dos demais pedimentos dirixidos de contrario.

5º) Non efectúo especial imposición das custas procesuais causadas na presente instancia a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que conforme o artigo 455.1 da LACv, contra esta cabe recurso de apelación no tempo e forma previstos polo artigo 458 e seguintes da mesma lei, sen prexuízo do establecido no artigo 448 e seguintes.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro das demandadas Kolmar 2016, S.L. e Gurutze de Asteinza de Albizua, expídese o presente edicto para que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no DOG.

Lugo, 16 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza