Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27642

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (758/2015).

Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza, polo presente anuncio que no procedemento de xuízo ordinario 758/2015 deste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«En Lugo o 7 de marzo de 2017.

Vistos por min, Mª Carmen López López, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario número 758/2015, seguidos neste xulgado por instancia de Cafés Candelas, S.L., representada polo procurador Sr. Lagüela Andrade e dirixida pola letrada Sra. López Peña, contra Amalia Navarro Giraldo, en rebeldía procesual.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Sr. Lagüela Andrade, en nome e representación de Cafés Candelas, S.L., contra Amalia Navarro Giraldo, declaro resolto o contrato de subministración de café en exclusiva subscrito pola entidade mercantil Cafés Candelas, S.L. e a demandada o 1.12.2010, e condénoa en concepto de indemnización para o resarcimento dos prexuízos irrogados polo referido incumprimento ao pagamento á demandante da cantidade de 22.088,89 euros, máis os xuros legais que se devindiquen a partir da presente reclamación xudicial, polos conceptos recollidos no fundamento terceiro.

Todo iso con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo no prazo de vinte días.

Así a pronuncia e asina».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Amalia Navarro Giraldo, expídese o presente edicto para que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no DOG.

Lugo, 16 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza