Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 7 de xuño de 2019 Páx. 27643

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (439/2016).

Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza, polo presente anuncio que no procedemento de xuízo ordinario 439/2016 deste xulgado se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«En Lugo o 15 de outubro de 2018,

Vistos por min, Alberto Benéitez Antón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos de Lugo, os autos número 439/2016, sobre reclamación de cantidade (prezo de compravenda), promovidos por María del Carmen Sánchez Sánchez, representada polo procurador Sr. Martín-Buitrago Calvet e asistida pola letrada Sra. Varela Rodríguez, contra José Manuel Guerreiro Codesido, en rebeldía procesual, en virtude das funcións conferidas pola Constitución e en nome do rei dito a presente:

Decido que debendo estimar e estimando a demanda promovida por María del Carmen Sánchez Sánchez contra José Manuel Guerreiro Codesido:

1º) Condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de doce mil catrocentos sesenta e seis euros (12.466 €) en concepto de principal acreditado, obxecto de demanda.

2º) Condeno, así mesmo, o demandado a pagar á demandante a cantidade de oitocentos noventa e seis euros con oitenta e nove céntimos (896,89 €) en concepto de xuros moratorios vencidos ata a data desta sentenza, sen prexuízo dos que o débito principal devindique a partir deste momento conforme a lei.

3º) Condeno igualmente o demandado nas custas procesuais causadas na presente instancia, co límite establecido no fundamento xurídico sexto, parágrafo 1º, desta sentenza.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se fará saber que conforme o artigo 455.1 da LACv, contra esta cabe recurso de apelación no tempo e forma previstos polo artigo 458 e seguintes da mesma lei, sen prexuízo do establecido no artigo 448 e seguintes.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado José Manuel Guerreiro Codesido, expídese o presente para que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no DOG.

Lugo, 16 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza