Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26579

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de anuncio de interposición de recurso contencioso-administrativo 4081/2019 contra a Orde do 26 de setembro de 2018, que aproba o Plan xeral de ordenación municipal de Coles.

No presente órgano xudicial foi interposto recurso contencioso-administrativo nº 4081/2019 pola procuradora María de los Ángeles Fernández Rodríguez, en nome e representación da Asociación de Veciños de Barra de Miño, contra a Administración xeral da Comunidade Autónoma (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio), na cal se impugna a Orde do 26 de setembro de 2018, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Coles (Ourense).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 29 de abril pasado e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición xeral impugnada.

A Coruña, 9 de maio de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza