Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 31 de maio de 2019 Páx. 26580

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de anuncio de interposición de recurso contencioso-administrativo 4079/2019 contra o Decreto 117/2018, que aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo, rexistrado como procedemento ordinario 4079/2019, por instancia do procurador Ricardo Sanzo Ferreiro, en nome e representación de Sociedade Galega de Ornitoloxía para ou Estudo e Conservación das Aves Silvestres, contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no cal se impugna o Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (DOG nº 34, do 18 de febreiro de 2019).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 7 de maio de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 9 de maio de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza