Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26340

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Salamanca

EDICTO (116/2019).

Eu, Manuel J. Marín Madrazo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, fago saber que no procedemento ordinario 116/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Flavio Texeira Santos contra Geconsa, ESPX, Fogasa, Lucía Tejedo Muíña, se ditou Sentenza do 3 de maio de 2019, co seguinte encabezamento e resolución:

«Sentenza nº 157/2019

Salamanca, 3 de maio de 2019.

Vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Salamanca, María Rosario Alonso Herrero, os presentes autos nº 116/2019, seguidos por instancia de Flavio Texeira Santos, como demandante, representado polo letrado Rolando Joaquín Ortega Hernández, contra a empresa Geconsa, entidade sen personalidade xurídica e Lucía Tejedo Muíña, non comparecidos en autos, e Fogasa, representado pola letrada Luisa María López Holgado, como demandados, sobre reclamación de cantidade.

Resolución:

Que, estimando parcialmente a demanda de reclamación de cantidade deducida por Flavio Teixeira Santos contra a empresa Geconsa, entidade sen personalidade xurídica, Lucía Tejedo Muíña e Fogasa, debo condenar e condeno os demandados a aboar solidariamente ao demandante a cantidade de tres mil catrocentos setenta e oito euros con noventa e oito céntimos (3.478,98), máis o xuro do 10 % anual, con responsabilidade subsidiaria de Fogasa nos termos legalmente establecidos.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León, con sede en Valladolid, que deberá ser presentado ante este xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación, mediante comparecencia ou por escrito.

Se a recorrente for a empresa demandada, deberá consignar o importe da condena no Banco Santander desta capital, na conta número 3704/0000/65/0116/19, presentando o xustificante neste xulgado no momento do anuncio, e depositar a cantidade de 300 euros na referida conta presentando o xustificante neste xulgado no momento do anuncio. O primeiro dos depósitos mencionados poderase substituír por aval bancario en que conste a responsabilidade solidaria do avalista e deberanse efectuar, se é o caso, os depósitos separados e acreditarse con xustificantes diferentes.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lucía Tejedo Muíña, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Salamanca, 7 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza