Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26337

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza (380/2017).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 380/2017 por instancia de Verónica Bujía Muíños contra as empresas Confecciones Deus, S.L.; Deus Creaciones, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Perseo Textil, S.L.; Shisvi, S.L.; Puntada Elaborada, S.L.; Rogelio Bodelo Pichel, Bendita Costura, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Gaviota Textil, S.L.; Nuevo Siglo Textiles, S.L.; Pedracapela, S.L. y Plataforma Costurera, S.L., así como a los administradores concursales de Deus Creaciones, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Shisvi, S.L.; Confecciones Deus, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Plataforma Costurera, S.L.; Gaviota Textil, S.L. e de Perseo Textil, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza con data do 29.4.2019 que copiado nos particulares necesarios di así:

«Auto

Parte dispositiva

S.Sª acorda que procede a aclaración solicitada e, en consecuencia, o encabezamento e resolución da sentenza quedarán do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 1 de abril de 2019

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 380/2017, son parte neles, dunha banda, como demandante, Verónica Bujía Muíños, asistida pola letrada Sra. Fernández Sarmiento, e, doutra, como demandadas, as empresas Confecciones Deus, S.L.; Deus Creaciones, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Perseo Textil, S.L.; Shisvi, S.L.; Puntada Elaborada, S.L.; Rogelio Bodelo Pichel, Bendita Costura, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Gaviota Textil, S.L.; Nuevo Siglo Textiles, S.L.; Pedracapela, S.L.; Plataforma Costurera, S.L. y Vainica Doble, S.L., así como a los administradores concursales de Deus Creaciones, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Shisvi, S.L.; Confecciones Deus, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Plataforma Costurera, S.L.; Gaviota Textil, S.L. e de Perseo 3 Textil, S.L., sen que ningunha delas compareza, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

«Resolvo:

Admítese a demanda interposta por Verónica Bujía Muíños fronte ás empresas Confecciones Deus, S.L.; Deus Creaciones, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Perseo Textil, S.L.; Shisvi, S.L.; Puntada Elaborada, S.L.; Bendita Costura, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Gaviota Textil, S.L.; Nuevo Siglo Textiles, S.L.; Pedracapela, S.L.; Plataforma Costurera, S.L. y Vainica Doble, S.L., así como a los administradores concursales de Deus Creaciones, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Shisvi, S.L.; Confecciones Deus, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Plataforma Costurera, S.L.; Gaviota Textil, S.L. e de Perseo Textil, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 20 de marzo de 2017.

– Condénase a empresa Confecciones Deus, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 20.050,44 euros, o aboamento da devandita indemnización determina a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 49,42 euros diarios. Das devanditas cantidades responderán solidariamente as empresas Deus Creaciones, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Perseo Textil, S.L.; Shisvi, S.L.; Puntada Elaborada, S.L.; Bendita Costura, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Gaviota Textil, S.L.; Nuevo Siglo Textiles, S.L.; Pedracapela, S.L.; Plataforma Costurera, S.L. y Vainica Doble, S.L., vinculando a los administradores concursales de Deus Creaciones, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Shisvi, S.L.; Confecciones Deus, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Plataforma Costurera, S.L.; Gaviota Textil, S.L. e de Perseo Textil, S.L.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Confecciones Deus, S.L.; Deus Creaciones, S.L.; Confecciones Fraga, S.L.; Costura Invisible, S.L.; Perseo Textil, S.L.; Shisvi, S.L.; Puntada Elaborada, S.L.; Rogelio Bodelo Pichel, Bendita Costura, S.L.; Confecciones Ideal, S.L.; Gaviota Textil, S.L.; Nuevo Siglo Textiles, S.L.; Pedracapela, S.L. e Plataforma Costurera, S.L.; Perseo Textil, S.L. e Vainica Doble, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza