Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2019 Páx. 26342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (TCD 17/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento terzaría de dominio 17/2014 0002 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maquinaria J. Aurteneche y Aurteneche Distribución, S.L., Baltasar Rodríguez Liste, José Manuel Requeijo Tojo, Juan Carlos Ferro Castro, Jorge Luis Gómez López, Raúl Alexander Bueno Silva, Manuel Zas Oca, Manuel Ramón Calvo Fernández, contra Excavaciones Migasa, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019

Parte dispositiva

Dispoño:

1. Admitir a trámite a solicitude de terzaría de dominio presentada respecto do seguinte ben embargado:

– Matrícula C02265R, semirremolque marca Leciñena, modelo SRG 3ED, número de bastidor VSR0D0341ML033373.

2. Déase traslado dos autos á letrada da Administración de xustiza para proceder ao sinalamento para a celebración da comparecencia prevista no artigo 238 da LXS. Suspéndense as actuacións relativas á execución dos bens discutidos ata a resolución do incidente.

3. Lévese testemuño da presente resolución ao procedemento principal de execución de que dimana esta peza separada ETX 17/2014.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá presentar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da notificación, cuxa soa interposición non suspenderá a executividade do que se acorda (artigo 186.1 da LXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019

1. Segundo o acordado por S.Sª en auto ditado no día da data, consultada a axenda de sinalamentos deste xulgado para os efectos de sinalar incidente de execución do artigo 238 da LRXS para celebración da vista da terzaría de dominio, sinálase o vindeiro día 8 de xullo de 2019, ás 12.20 horas, na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas.

2. Cítense as partes, o terceiro e o Fogasa, que deberán comparecer con todos os medios de proba de que intenten valerse.

3. A citación á executada Excavaciones Migasa, S.L. verificarase por medio de edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia, tendo en conta que está en ignorado paradoiro.

4. A citación ao terceiro e ás demais partes comparecidas na execución entenderase practicada coa notificación da presente resolución.

5. Conforme o acordado por S.Sª no auto do día da data, suspéndense as actuacións relativas á execución dos bens discutidos ata a resolución do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza