Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25471

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (530/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 530/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcial Couto Martín contra a empresa Pinfire Norte, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo que, aceptando a demanda interposta por Marcial Couto Martín contra a empresa Pinfire Norte, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 468,64 €. En caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 56,80 €/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Pinfire Norte, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza