Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25470

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (45/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 45/2016 deste xulgado do social, seguidos contra a entidade Fondo de Garantía Salarial e contra a mercantil Ecored Comercio, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva achéganse:

Sentenza:

A Coruña, 29 de abril de 2019

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co núm. PO 45/2016 sendo parte neste, dun lado como demandante Juan Paulino García López, asistido polo letrado Antonio Guillén Larraz, e como demandados a mercantil Ecored Comercio, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma e o Fondo de Garantía Salarial, representada pola letrada Rosa Prosper Montalvo, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a falta de competencia da orde social da xurisdición, debo absterme e abstéñome de coñecer a demanda interposta polo demandante Juan Paulino García López, con intervención do Fogasa, contra a entidade Ecored Comercio, S.L., sendo competente, se for o caso, a xurisdición civil.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Ecored Comercio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza