Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25472

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 119/2017).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 119/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Centro Óptico Galego Mallos, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza:

A Coruña, 25 de abril de 2019.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 119/2017, en que son parte, dunha banda, como demandante, María Isabel Yáñez Rodríguez, asistida polo letrado Daniel Pérez López, e, como demandada, Centro Óptico Galego Mallos, S.L., con citación do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou a demanda que por quenda lle correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Unha vez admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a realización do acto do xuízo e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación destes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante, María Isabel Yáñez Rodríguez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Centro Óptico Galego Mallos, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 4.055,30 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para impugnar.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Publicación. Expídoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Centro Óptico Galego Mallos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza