Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25461

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo

EDICTO (749/2016).

Eu, Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza, por medio do presente anuncio que no procedemento de xuízo verbal 749/2016 deste xulgado se ditou sentenza, cuxos encabezamento e decisión son os seguintes:

«Lugo, 7 de xaneiro de 2019

Vistos por min, Alberto Benéitez Antón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, os autos de xuízo verbal número 749/2016, sobre reclamación de cotas de comunidade de propietarios, promovidos pola comunidade de propietarios do edificio da r/ Bolaño Rivadeneira, número 1, Lugo, representada pola procuradora Sra. García Méndez e asistida polos letrados Sres. Paniagua Álvarez e Martínez Fernández, contra Victoria López Sánchez, en rebeldía procesual, en virtude das funcións conferidas pola Constitución e en nome do rei, dito a presente:

(…)

Decisión:

Que debendo estimar e estimando parcialmente a demanda promovida pola comunidade de propietarios do edificio da r/ Bolaño Rivadeneira, 1, Lugo, contra Victoria López Sánchez:

1º. Condeno a demandada a lle pagar á demandante a cantidade de mil seiscentos corenta e nove euros con trinta e seis céntimos (1.649,36 €) en concepto de principal acreditado, de que era obxecto de demanda.

2º. Condeno, así mesmo, a demandada a lle pagar á demandante a cantidade de sesenta e catro euros con doce céntimos (64,12) en concepto de xuros moratorios vencidos deste principal, sen prexuízo dos que se devindiquen en diante conforme a lei.

3º. Absolvo os demandados dos demais pedimentos dirixidos de contrario.

4º. Non efectúo especial imposición das custas procesuais causadas na presente instancia a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que, conforme o artigo 455.1 LACv, contra ela non cabe recurso ningún ao recaer en proceso de xuízo verbal por razón da contía, no cal esta non acada os 3.000 euros, sen prexuízo da acción de rescisión dela que, de ser o caso, poida amparar a demandada en rebeldía consonte os artigos 501 e seguintes da dita lei.

Así o acordo, mando e asino».

Que tamén se ditou auto de rectificación de sentenza, cuxos encabezamento e parte dispositiva son literalmente os seguintes:

«Auto:

Xuíz/maxistrado xuíz: Alberto Benéitez Antón.

Lugo, vinte e dous de xaneiro de dous mil dezanove

(…)

Parte dispositiva:

Acordo:

–- Rectificar a sentenza con data do 7 de xaneiro de 2019 no sentido de que tanto no fundamento xurídico quinto, letra B) in fine, como no punto 2º da súa sentenza, onde di: «64,12 euros», debe dicir: «114,51 euros», e rectificar, así mesmo, en igual sentido a expresión en letras desa cantidade, contida nese punto 2º da sentenza.

Modo de impugnación: contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra as resolucións que aquí se rectifican.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Victoria López Sánchez, expídese o presente edicto para que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no DOG.

Lugo, 25 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza