Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2019 Páx. 25463

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (1144/2009 M).

Procedemento: divorcio contencioso 1144/2009 M.

Sobre divorcio contencioso.

De Carla Cristina Duarte Lima.

Procuradora Silvia Álvarez Río.

Contra Virgilio Fernando Justo da Rocha Camaro.

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administracion de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense fago saber que no procedemento de divorcio seguido por instancia da procuradora Silvia Álvarez Río, en nome e representación de Carla Cristina Duarte Lima, contra Virgilio Fernando Justo da Rocha, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva se reproducen integramente e que son do teor literal seguinte:

«Sentenza de divorcio.

Nº 656/10.

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 1 de xuño de 2010.

Vistos os presentes autos nº 1144/09 sobre divorcio promovidos pola procuradora Sra. Álvarez Río, en nome e representación de Carla Cristina Duarte Lima como demandante, asistida polo letrado Luis Manuel Salgado, contra Virgilio Fernando Justo da Rocha, que foi declarado en rebeldía,

Decido acordar a disolución do matrimonio formado por Carla Cristina Duarte Lima e Virgilio Fernando Justo da Rocha, con todos os efectos legais. Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe preparar, no prazo de cinco días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, polo Ministerio Fiscal.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil de Chaves, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe».

Expídese este edicto a fin de que sirva de notificación a Virgilio Fernando Justo da Rocha, declarado en situación de rebeldía e actualmente en paradoiro descoñecido.

Ourense, 24 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza